SERVIZO DE PREVENCIÓN
Introdución
A lei 31/1995 de 8 de novembro, pola que se aproba a Lei de Prevención de Riscos Laborais ( LPRL) aportou unha nova concepción da Seguridade e Saúde no traballo, mediante a implicación dunha cultura de prevención en tódo-los niveis da empresa, tendente a evaluar e minimizar os riscos que para a saúde do traballador puidera ocasionar a actividade laboral.
En base a elo, e como iniciativa pionera no sector da construción, APEC LUGO decideu en abril do ano 2002 constituir un Servizo de Prevención Mancomunado, desenrolando as especialidades de Seguridade no Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada.
Coas novas disposicións establecidas no RD 337/2010 de 19 de marzo para as entidades que actúen como Servizos de Prevención Mancomunados, a partires do 1 de marzo de 2011, o Sevizo de Prevención Mancomunado da Apec Lugo (SPM Apec Lugo), cumprindo con esta nova reglamentación, asumiu tamén a disciplina preventiva de Hixiene Industrial.
Cabe destacar que o SPM Apec Lugo, foi dende a súa creación un referente no sector da construción e afins, sendo un dos primeiros Servizos de Prevención Mancomunados constituídos a nivel nacional, así como o que conta con máis empresas adheridas.
Desde o ano da súa constitución e en base ó estipulado na lexislación reguladora (RD 39/1997 e as súas posteriores modificacións), o SPM Apec Lugo é sometido a diversas auditorias legais por unha empresa externa autorizada pola Autoridade Laboral, avalando a xestión preventiva realizada ata o momento.
Ámbito de actuación
Empresas do sector da contrución e afíns asociadas á APEC LUGO (Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo) que soliciten a adhesión ao SPM Apec Lugo.
Grado e forma de participación de cada unha das empresas
O SPM Apec Lugo insírese dentro da Asociación Provincial de Empresarios de la Construción de Lugo (APEC LUGO) como un servizo máis dos que se ofrecen aos asociados, sendo necesario que as empresas que soliciten a prestación destes servizos cumpran co establecido nos Estatutos da APEC LUGO e subscriban dous documentos: en primeiro lugar, o acordo de adhesión á mancomunidade e, en segundo lugar, un/s contrato/s específico/s e persoalizado/s de prestación de servizos, de xeito que só no caso de que as empresas asociadas á APEC LUGO subscriban ambos os dous documentos poderán beneficiarse dos traballos do SPM APEC Lugo.
Servizos prestados
- Elaboración de Plans de Prevención de Riscos Laborais
- Elaboración de Evaluacións de Riscos Laborais (iniciais, específicas)
- Elaboración de Medidas de Emerxencia en centros de traballo
- Elaboración de Planificacións da Actividade Preventiva
- Elaboración de Plans de Formación
- Elaboración de Programación e Memoria Anual de actividades
- Actualización e revisións necesarias da documentación preventiva
- Investigación de Accidentes de traballo e Enfermidades Profesionais
- Asesoramento continuo en materia preventiva por persoal técnico altamente cualificado e con grande experiencia no sector.
- Visitas de verificación e seguemiento a centros de traballo.
- Formación / información en materia preventiva
- Asesoramento na realización de Procedementos de Traballo e Seguridade
- Asesoramento na realización de Plans de Traballo de Amianto
- Asesoramento na realización de Plans de Seguridade e Saúde
- Asesoramento sobre Plans de Mobilidade