
Aviso meteorológico
Estimado asociado/a: Hemos recibido comunicación por parte de la Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, el aviso de fenómenos meteorológicos adversos de nivel
Aplicación práctica de metodoloxías ergonómicas de posturas, manipulación de cargas e movementos repetitivos.
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organiza catro edicións dos seminarios teórico-prácticos sobre prevención de trastornos musculoesqueléticos (TME), dirixidos preferentemente ao persoal técnico de PRL da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
Estas accións formativas, de carácter eminentemente práctico, están orientadas a reforzar a integración efectiva da ergonomía na xestión preventiva das empresas. Durante as sesións traballarase na aplicación de metodoloxías de avaliación de posturas, manipulación manual de cargas e movementos repetitivos, así como na interpretación de resultados e na elaboración de propostas preventivas adaptadas aos postos de traballo.
Os seminarios estarán adaptados a un nivel de coñecementos medio, co obxectivo de facilitar a aplicación práctica destas ferramentas no traballo técnico habitual.




APEC LUGO