Empregamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración premendo eiquí

Acepto

DEPARTAMENTO DE FORMACIÓN

 
Como é coñecido por todos, o sector da construción e afíns é un dos máis especialmente sensible en materia de siniestralidade laboral, motivo polo cal APEC centrou os seus esforzos, xa dende a súa constitución en fomentar a prevención de Riscos Laborais a través da concienciación tanto de traballadores coma de empresarios e demáis axentes implicados, pero tamén fomentar a formación e cualificación dos traballadores do sector a fin de ser máis competitivos e facer do sector un sector punteiro da economía da provincia.
 
Centramos os nosos esforzos en ofrecer a formación obrigatoria segundo a normativa existente en materia de Prevención de Riscos Laborais para tamén ofrecer aquela formación que poida contribuir a mellorar o rendemento dos traballadores e por engadidura a mellorar a rentabilidade e competitivade da empresa no mercado, tales como idiomas, informática, recursos humanos, medio ambente, entre outros.

O departamento de formación, en estreita colaboración có Servizo de Prevención Mancomunado elabora anualmente o plan de formación persoalizado de cada empresa dándolle a formación necesaria e axeitada a súa actividade concreta adecuándose tamén ás necesidades destas en canto a localización e horarios dispoñibles, de ahí que as modalidades de formación sexan de carácter presencial pero tamén existan as modalidades de distancia ou de teleformación (on line) para aqueles traballadores que desexen ampliar os seus coñecementos fora do seu horario de traballo.

No catálogo anexo poderánse consultar as accións formativas dispoñibles para este ano así como a súa modalidade e duración.