A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo conta con un equipo de asesores xurídicos con ampla experiencia no sector da construción e actividades afins, adicados ó asesoramento xurídico no ámbito administrativo e no xudicial nos ordes, social ou laboral, civil, penal e contencioso-administrativo.
O ámbito laboral é un dos máis reseñables, ó ser a Asociación a integrante da comisión negociadora dos convenios colectivos sectoriais na provincia de Lugo en representación da patroal, e levando a cabo un continuo asesoramento sobre calquera das disposicións integrantes dos tres convenios específicos dos sectores:- Edificación e Obras Públicas
- Prefabricados e Materiais para a Construción
- Comercio de Materiais de Construción
Cabe destacar en materia laboral, a especialización no asesoramento ás empresas en materia de extinción de contratos de traballo, expedientes de regulación de emprego, e na aplicación das diferentes disposicións dos convenios.
Este asesoramento abarca dende reunións coas empresas, así como o seu asesoramento tanto ante o SMAC (Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación) coma o Xulgado do Social.
É importante a interrelación deste departamento cos restantes departamentos de APEC, como é o caso do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, no que atingue ó asesoramento ás empresas asociadas por mor de inspeccións realizadas pola autoridade laboral, tanto no caso de accidentes de traballo como no de visitas rutinarias efectuadas ás empresas etc.
Por outra banda asesorase da idoneidade das coberturas das diferentes pólizas de seguros, xa sexa obrigatoria ou voluntaria a súa contratación.
- CONSULTAS SOBRE PLANEAMIENTO.
- ASESORAMENTO SOBRE A OBTENCIÓN DE LICENZAS ASÍ COMO AS SUBSANACIÓNS DE INCIDENCIAS.