Empregamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración premendo eiquí

Acepto
 Logo organigrama
A asociación persegue ofrecer uns servizos que se adecúen ás necesidades dos asociados, pensando que cunha división en departamentos (aínda que interrelacionados entre sí) conséguese unha mellor xestón dos servizos.
 
IconoDepartamento de Administración-Contabilidade realiza:
  • Circulares con información de interese para os asociados sobre o sector (BOP, DOGA, BOE, obra pública, publicacións de prensa, etc ...)
  • Expedición de Liquidacións como única entidade acreditada para o devandito fin segundo o Convenio Provincial do sector en Lugo
  • Xestiónase o Rexistro de Empresas Acreditadas (R.E.A.): a súa inscrición, estar á súa disposición para calquera consulta ou modificación e a súa renovación

 IconoDepartamento de Asesoría ofrécenos todos os servizos relacionados con:

  • Xeral: defensa ante a xurisdición Penal, tramitación e preparación de xuízos e demandas, obrigas dos empresarios ante a administración, etc ...
  • Economía-Fiscal: IRPF, IVE, IAE, reducción de tipos de interese, subvencións, préstamos, transmisións patrimoniais, etc ...
  • Laboral: convenios, táboas salariais, conciliacións, sancións, contratación (modalidades, incentivos), cotización, nóminas, seguros sociais, inmigración, etc ...

IconoDepartamento de Formación que se preocupa da formación dos traballadores das empresas asociadas:

  • Realización de cursos adaptados ao Convenio colectivo do sector da Construción vixente nese momento
  • Os cursos que se propoñen para formar os traballadores son en distintas modalidades (presenciais, presenciais-distancia, teleformación)  para poder facilitar a súa formación
  • Tamén están abertos a calquera petición de curso distinto aos ofertados pola Asociación

IconoDepartamento do Servizo de Prevención Mancomunado (SPM), constituído en Abril do ano 2002 pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo baseándose no establecido no Real Decreto 39/1997, de 17 de Xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, desenvolvendo as seguintes especialidades:

  • Seguridade no traballo
  • Hixiene Industrial
  • Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada

Os diversos servizos realizados polos distintos departamentos están a cumprir coa Normativa de Calidade, de aí que poidamos estar acreditados segundo a norma UNE-EN ISO 9001, emitida pola certificadora AENOR, primeira entidade española acreditada para tal fin pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).