POLITICA DE CALIDADE
A Xerencia de APEC Lugo consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos asociados e outras partes interesadas, decidiu a implantación dun Sistema de Xestión de Calidade de acordo coa Norma UNE-EN ISO 9001, logrando así beneficios para ambas as partes.
O seu establecemento, implementación e mantemento estará dentro do marco de referencia dos requisitos legais e regulamentarios vixentes.
Os servizos que esta Asociación ofrece a todos os seus asociados son:
- Administración/Contabilidade: achegar toda a información de interese, expedición de liquidacións, Rexistro de Empresas Acreditadas (R.E.A.),…
- Asesoría: temas legais que poden xurdir ao asociado tanto en temas de ámbito laboral, económico-fiscal,…
- Formación: ofrecer aos distintos traballadores a formación obrigatoria segundo a normativa vixente
- Prevención: asesorar e proporcionar toda a información e documentación necesaria para ter ás empresas ao día dos requisitos legais
A Xerencia fixará de forma periódica e por escrito, uns Obxectivos de Calidade, establecendo uns valores medibles, previsiblemente alcanzables e que sirvan para definir a dirección na que se deben orientar os esforzos. Os Obxectivos deste Sistema son:
- Lograr, manter e incrementar a satisfacción dos nosos asociados, proporcionándolles servizos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluíndo as normas ou lexislación vixente
- Establecer unha sistemática documentada para asegurar a calidade dos servizos
- Promover o concepto de mellora continua
- Establecer programas de formación para o propio persoal, para que estes estean cualificados para realizar os seus labores
A eficiencia do Sistema de Xestión de Calidade é responsabilidade directa de Xerencia. No seu nome e representación, o Responsable de Calidade supervisará a súa implantación, desenvolvemento e mantemento, avaliando a súa adecuación e aplicación correcta. Para iso, o Responsable de Calidade ten a autoridade necesaria para intervir en todas as áreas de APEC Lugo, na medida que estime conveniente, para comprobar a efectividade do Sistema de Xestión de Calidade.